¿Que vos imaxedes que leva a ensalada de O Porriño?. Polo seu nome ten que estar deliciosa. Pasta cocida, guisantes, millo, pemento, champiñóns, bonito, aceitunas, anchoas, ovos e zanahorias. Picamos tódolos ingredientes e logo os misturamos todos xuntos. Podemos ver moitas cores e lle damos o ultimo "toque artístico". Partimos o pemento en tiriñas largas, reservamos rodaxas de ovo e anchoas enteiras para decorar o plato. Marcos fixo a forma dun polbo e Pablo dunha estrela. Parecían un cadros pintados no prato.

Hoxe tamén invitamos os nosos compañeiros. A receita é moi sinxela, moi rica e ós nosos invitados lle vai a encantar como está decorado.
Bo proveito!. Un saúdo dende Aceesca.
Autor: Elena O Carballiño
Hola amigos de Accesca, atopei este páxina por casualidade xa que estou buscando recursos na rede sobre cociña na rede para os meus alumnos.
Se poñedes a palabra "perejil" no buscador google, podedes atopar un programiña gratuito sobre recetas que se baixa dun xeito moi sinxelo.
O proxecto que estades facendo é moi interesante. Estou desexando ver as fotos dos platos.
Un abrazo moi forte.
Fecha: 10/11/2004 03:08.
Autor: ruben de torneiros
eu probei a receita de pablo e marcos. estaba moi boa, me apetece volver a comer esta comida que levaba pasta, champiñóns, guisantes,zanahoria, aceitunas...moitas cousas. Marcos e Pablo o puxeron moi bonito con pemento cortado.
Mando saudos a todo o mundo.
Fecha: 10/11/2004 03:13.
Autor: raul de ponteareas
a hora da comida nos invitaron a probar a ensalada O Porriño. nunca comera esta ensalada, as ensaladas que suelo comer eu son con leituga, tomate e cebola. me gustaría facer esta receita na miña casa. creo que alimenta moito porque leva moitas cousas.
Moitos bicos para todos e para os meus compañeiros de Aceesca e tamén para as profesoras.
Fecha: 10/11/2004 03:18.
Autor: angel de mos, da parroquia de loudedo
a comida estaba riquisima, sobre todo as anchoas que me encantan. hoxe en torroso eu vou a facer un bizcocho da avoa, xa vos contarei como se fai, podo escribir aqui a receita para aprender todos.
Bicos para a miña profesora de cociña Maria José.
Fecha: 10/11/2004 05:46.