Hoxe estivemos traballando en axuste o tema dos medios de comunicación, concretamente estivemos analizando un xornal, o texto, as imaxes, os titulares...e as distintas seccións: deportes, cultura, sucesos...e o certo é que botamos en falta unha sección adicada a cociña. A Pires se lle ocurriu a idea de facer un xornal sobre Aceesca no que incluamos unha parte que fale das cousas que facemos na cociña. Parece unha idea interesante. ¿Que vos parece?.Contamos cas vosas suxerencias.

Autor: juan carlos de accesca.
a min pareceme moi boa idea, si, si.porque me parece moi interesante saber o que fan os meus amigos, e eu tamén lle quero contar o que fixen.
Fecha: 16/11/2004 19:23.
Autor: Xornal dixital
Pois eu creo que xa tedes un xornal. Un xornal dixital en internet, que pode ser un bo medio para difundir o voso traballo e as vosas receitas, pero claro que a idea tamén se pode levar ao papel.
un saúdo desde Vigo
Fecha: 16/11/2004 19:51.
Autor: fabiola de atios e laura de atios
a nos o do xornal parecenos moi boa idea, porque asi sacamos fotos, pero ademais de cociña podemos contar outras cousas que facemos: por exemplo na piscina, na nave... Moitos abrazos.
Fecha: 16/11/2004 19:57.
Autor: marcelo de tameiga concello de mos
pareceme unha boa idea, eu traballo en xardins,entón pola mañán eu non suelo estar no centro, se tiveramos un xornal poderiamos ver o que fan os nosos compañeiros no obradoiro de cociña. eu na miña casa cociña todolos dias, en torroso facemos cociña e encuadernación. preparamos tarta de mazá, filloas, doces rellenos...as filloas levan dous cartóns de leite, fariña, royal, e tamén se lle queremos botar levan canela e un trociño de limón. por dentro lle podemos botar mermelada. mándolle saudos para todos.
Fecha: 19/11/2004 19:51.
Autor: Vigo
Acabo de ler iso do xornal: unha boa idea. Noutras escolas tamén teñen revistas e xornais que resultan interesantes, pero é que en ACEESCA tedes moito que contar, así que ¡adiante! (Botarlle unha ollada ó vello boletín que tiñades, o "PASENIÑO" ¿gústavos o nome?)
Fecha: 14/12/2004 20:49.
Autor: marta e uxia.
Moitas gracias compañeir@ por escribir neste caderno electrónico de Aceesca.
O certo é que o nome de "paseniño" é moi significativo, coñecemos un proxecto que fixeron un grupo de pais e nais que tamén se chama así http://www.ciberlingua.org/paseninho/ Podemos pensar nunha proposta para facer unha revista onde se reflexe todo pequeno e gran mundo que late no noso centro de Aceesca. Un saúdo e esperamos que nos sigas escribindo.
Fecha: 16/12/2004 20:12.

Autor: maria
Paraceme moi boa idea a de que fagades un xornal do voso colexio, pois e unha boa forma de darvos a coñecer e ensinar a resto da xente de como se traballa no voso colexio e do capaces que sodes de facer todo o que vos propodes.
¡Ánimo!
Fecha: 03/05/2005 13:28.