As nosas Receitas

Enlaces

Archivos

 

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004.

05/12/2004

Fonsi, Sonia e José fan Pasta con nata e pan de allo.

As veces comemos un prato e sabemos que leva algún ingrediente que lle da un paladar especial. O toque desta receita foi misturar a pasta unha vez cocida con nata líquida e deixala ben tapada uns 10 minutos para que se empape ben de sabor. Mestras pasamos pola sartén champiñóns troceados con guisantes. Isto se mistura todo ca pasta e a nata.
Tiñamos pan que sobrara do día anterior. Dedicimos trocealo para facer delicioso pan de allo. Para fritilo ten que estar o aceite moi ben quente e por allos a dorar. Botamos o pan e lle damos voltas para que non se queime.
Cortamos servilletas polos bordes para darlle un aquel, digamos que é como "encaixe de papel", é para por enriba dos platos onde vai o pan frito. Deste xeito absorve o aceite e queda moi ben preparado. Lémbremos que disfrutan das comidas os cinco sentidos e non so o gusto, polo tanto o placer visual de ver a presentación dos pratos debemos coidala.
05/12/2004 18:37 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

16/12/2004

Lucía, Carlos e Marcos preparan ENSALADILLA DE FROITAS.

O mundo de cores que nos ofrecen a mistura de froitas cando están picadas e misturadas é unha "obra de arte viva". As formas cambian dependendo de a cantidade de cores que xuntemos a un lado ou ó outro do prato. Canto máis agarimos lle poñamos o prato que estamos cociñando mellor presentación vai a ter. Polo tanto, darlle mimos a todo o que tocamos cas nosas mans (debidamente lavadas como vos cociñeiros que somos) é un requisito indispensable.
Nós picamos peras, kiwis, plátanos, melocotón, piña, noces, mazás...o certo é que lle podemos por calquer froita,por exemplo, podemos aproveitar as de temporada.Cando tiñamos todo picado o misturamos con arroz con leite; o arroz absorve todas as sabores cas que teña contacto, xa vos podedes imaxinar o mundo de sabores que leva o noso postre. Para darlle o toque final cortamos en rodaxas limón e laranxa e decoramos o prato.
16/12/2004 18:41 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

Montañas de neve escaladas por Lucía, Jose Angel e Luci.

P1040540.jpgEn pleno mes de Decembro, en Porriño os termómetros cada vez marcan temperaturas máis baixas. A neve tamén chegou a nosa cociña de Aceesca e formou unhas montañas moi particulares. ¿Queres saber como as fixemos?. Picamos moitas froitas igual que os nosos compañeiros que fixeron a ensaladilla. Nós ,en vez de poñer unha capa de arroz con leite, fixemos monticulos....é increíble como cambian os pratos aínda que leven os mesmos ingredientes!!!!Invitámosvos a que experimentedes cas formas...lémbrade que a vista tamén se alimenta.
16/12/2004 17:17 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

La oreja de Van Gogh de Sole, Mercedes e Rosa.

Mira por onde, decidimos porlle este nome ó noso postre...¿Será polas cores?; ¿será por que lembramos as formas dos seus cadros?..deixade voar a vosa imaxinación.
Nuestra Oreja de Van Gogh tamén leva moitas froitas picadas en distintos tamaños, para xogar máis cos efectos que se poidan conseguir.
Coma os nosos compañeiros traballamos con arroz con leite, nunca probaramos este postre con froitas e o certo é que ten unhas sustancias moi ricas. ¿a que estades esperando para probalo?.
16/12/2004 21:15 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

17/12/2004

Anabel, Ana Belén, Laura, Pepe, Oscar Porto, Manolo, Marcos R. ,Rubén e Marcos preparan SORPRESAS DE NADAL e CREMA DE AGUACATE CON CANGREXO.

Hoxe os rapaces e as rapazas de ocupacional decidimos facerlle un regalo ós rapaces máis pequenos de Aceesca, para agradecerlle toda a atención que nos prestaron durante o trimestre cando lle ensinamos todos os nosos pratos. Mercamos moitos ingredientes: queixo fresco, aceitunas, anchoas, salchichas, zanahorias, pementos, uvas pasas, noces, almendras,ovos...mermelada de mora, piña, melocotón, kiwi... para facer montadiños doces e salgados. Puxemos queixo fresco en panecillos que eran cadrados, círculos e uns máis alargados. A verdade é que fixemos moitos experimentos, na cociña temos que experimentar cos sabores, probar para saber se nos gusta ou nos disgusta e para sentir distintos praceres no paladar. Pasamos pola sartén as croquetas de bacalao, as zanahorias e as salchichas. Preparamos un prato de montaditos e croquetas para cada clase. Merece a pena traballar por conseguir un sorriso de quen recibe o noso regalo.
Como puxemos no título, tamén fixemos crema triturando aguacate, con mahonesa e palitos de cangrexo troceados, deliciossooooooo....!!!! .
Queridos compañeir@s con este detalle dende o obradoiro de cociña de Aceesca queremos felicitarvos estas datas tan sinaladas.
17/12/2004 18:44 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

19/12/2004

Marcelo, Fran, Raúl , Diego e Manuel conquistan os seus compañeiros con CUAXADA NEVADA e PASTA DOCE.

Hoxe o Obradoiro de cociña vestiuse de gala para celebrar as festas. Os rapaces de xardinería prepararon dous postres que daba pena comelos do ben presentados que estaban, claro que este é un pensamento de dous segundo e logo xa lle metemos de seguida a culler.
Primeiro preparamos as Cuaxadas nevadas. Evidentemente levaba cuaxada, que a desmoldamos no centro do prato. Fixemos círculos concentricos de distintos ingredientes: chocolate de tableta troceado, noces, mermelada de mora e coco rallado...¿non é unha combinación explosivamente rica?.
¿quen probou algunha vez Pasta Doce?. Referímonos a pasta como macarróns,cestitos...pois si!, a preparación é igual que o arroz con leite pero con pasta. Despois a deixamos enfriar na neveira e a misturamos con piña e melocotón en almibar. Foi toda unha deliciosa novidade.
19/12/2004 19:09 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]