As nosas Receitas

Enlaces

Archivos

 

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2004.

18/10/2004

MANS QUE ESCOITAN

Ola a tod@s!!!

Hoxe empezamos o noso Obradoiro de cociña. E un proxecto que imos facer no noso centro ACEESCA. Queremos compartir con vos a nosa experiencia e desexamos que colaboredes con nós: enviándonos receitas, comentándonos os vosos pratos preferidos, falando das comidas típicas dos vosos pobos, suxerindo páxinas web e libros sobre gastronomía...
Xa temos a nosa embarcación dorneira preparada para navegar polos mares de internet en busca de sabores doutras terras...

...E como dixo Silvio Rodriguez no último concerto que deu en Vigo: GRACIAS A TODOS E CADA UN DE VOS.
18/10/2004 18:20 Enlace permanente. Hay 13 comentarios.

20/10/2004

Medra unha nova experiencia na rede.


Ola compañeir@s! somos Marta e Uxía, mestras de Axuste Persoal e Social de ACEESCA. Queremos darvos as gracias por todas as aportacións que estades facendo e que sen lugar a dúbidas están enriquecendo este proxecto que medra día a día cun gran entusiamo e implicación.
Un saúdo dende Porriño e desexamos que sigades ai.
20/10/2004 10:50 Enlace permanente. Hay 6 comentarios.

PIRES E MARCOS PREPARAN UN MENÚ

Estivemos elaborando un menú para elo navegamos por unha páxinas de receitas E moi interesante, porque viaxamos por todos os continentes do mundo, atopando ingredientes que non coñeciamos.
Volveremos a visitar esta páxinas porque hai moitos pratos e podemos facer moitos menús. Este é un exemplo dun plato africano: .
Xa vos contaremos. Un abrazo moi forte. Pires e Marcos.
20/10/2004 13:05 Enlace permanente. Hay 9 comentarios.

21/10/2004

A LISTA DA COMPRA

O máis probable é que para a semana vaiamos ó supermercado a mercar os ingredientes que imos utilizar para as nosas receitas. Agora estamos facendo a lista: arroz, leite, pasta, ovos...Se coñecedes páxinas onde se falen de estos e outros productos resultarían de moito interés. Un saúdo dende Porriño.
21/10/2004 20:08 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

28/10/2004

No supermercado.

Esta semana estamos indo o supermercado. Cada día imos un grupo. Falamos ca xente que traballa alí. Lles pedimos que non expliquen distintas cousas dos productos que queremos mercar. Comparamos precios. Onte a pasteleira nos contou de que estaban feitos os pasteis, fariña, ovos... Na fruteria miramos algunas froitas que non coñeciamos e que nos as temos na nosa horta. Preguntamos os nomes e do pais que viñan. Esta semana sairemos todos de compras e para a que ven empezaremos a cociñar...Ademáis do supermercado nos gustaria ir a un mercado.
Moitos saudos.
28/10/2004 12:30 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]