Onte nós, que somos, Bibiana e Pepe cociñamos montañas de arroz. Encantounos a experiencia e a receita e moi faciliña. Collede papel e boli que vos decimos como fixemos: Os ingredintes que se necesitan son: arroz,aceite, allo, bonito, ovos, champiñóns e salsa de tomate.

- Puxemos duas taciñas de arroz co allo e o aceite para que se dorara un pouco.
- Logo lle botamos a auga, 3 taciñas por cada 1 de arroz que botamos.
- Picamos en trociños pequenos o bonito, os ovos cocidos e os champiñóns. Poñémolos en montonciños.
- Cando xa está cocido o arroz, escurrímolo.
- Agora collemos unha taza grande e empezamos a facer capas, por exemplo unha de arroz, unha de champiñóns, unha de arroz, unha de bonito, unha de arroz...ata que teñamos chea a taza.
- Dámoslle a volta á taza nun prato, e queda en forma de flan.
- Decoramos a montaña con salsa de tomate.
- E listo para comer...
Pensamos que foi todo un éxito e estaba moi rico. Invitamos a todos os nosos compañeiros/as e profesoras.
Xa vos ensinaremos as fotos de como quedaron estes pratos.
Un saudo de Bibiana e Pepe.
Autor: fonsi de redondela
ola chamome fonsi onte probei este plato que estaba moi bo , felicito os cociñeiros .
estoy deseando cociñar eu e tamén vou a invitar a todo o mundo.
Fecha: 03/11/2004 12:28.
Autor: angel de mos
o plato que fixeron bibi e pepe estaba moi rico, moi sabroso. juan carlos comeu moito e tamén lle gustou moitisimo. eu tamén cociño en torroso e hoxe imos facer tarta de mazá con bizcocho. Saúdos para todo o mundo.
Fecha: 03/11/2004 13:31.
Autor: mercedes de porriño
o plato que fixeron pepe e bibiana estaba moi bonito. Levaba arroz e salsa de tomate. Nos invitaron a todos e nos lle aplaudimos. Saúdos.
Fecha: 04/11/2004 09:56.
Autor: Marta e Uxía
Ola rapaces!! Queremos decirvos que estamos moi orgullosas de vos. Que nos agrada moito ver como traballades neste obradoiro de cociña, como vos estades esforzando, estamos aprendendo moito con vos. Un saudo e seguide asi. Moito ánimo!
Fecha: 04/11/2004 13:22.
Autor: sonia de ponteareas
cando probei esta comida sabía a arroz con bonito e champiñóns, que me encantan os champiñóns e na casa os como moitisimo. Me apetece moito aprender a cociñar.Me gustaría aprender a facer pasta. Un bico.
Fecha: 04/11/2004 13:27.