Hoxe o Obradoiro de cociña vestiuse de gala para celebrar as festas. Os rapaces de xardinería prepararon dous postres que daba pena comelos do ben presentados que estaban, claro que este é un pensamento de dous segundo e logo xa lle metemos de seguida a culler.
Primeiro preparamos as Cuaxadas nevadas. Evidentemente levaba cuaxada, que a desmoldamos no centro do prato. Fixemos círculos concentricos de distintos ingredientes: chocolate de tableta troceado, noces, mermelada de mora e coco rallado...¿non é unha combinación explosivamente rica?.

¿quen probou algunha vez Pasta Doce?. Referímonos a pasta como macarróns,cestitos...pois si!, a preparación é igual que o arroz con leite pero con pasta. Despois a deixamos enfriar na neveira e a misturamos con piña e melocotón en almibar. Foi toda unha deliciosa novidade.

Autor: Xavi
Que bomba. Un dia vou probar a ver que tal me sae iso. Pero eu creo que en vez de botarlle melocotón en almíbar e piña, creo que lle vou botar mel por riba como na "cuajada". un saúdo e bo ano 2005 para todos/as
Fecha: 21/12/2004 12:08.