As nosas Receitas

Enlaces

Archivos

 

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2004.

03/11/2004

BIBIANA E PEPE NAS MONTAÑAS DE ARROZ.

Onte nós, que somos, Bibiana e Pepe cociñamos montañas de arroz. Encantounos a experiencia e a receita e moi faciliña. Collede papel e boli que vos decimos como fixemos: Os ingredintes que se necesitan son: arroz,aceite, allo, bonito, ovos, champiñóns e salsa de tomate.
- Puxemos duas taciñas de arroz co allo e o aceite para que se dorara un pouco.
- Logo lle botamos a auga, 3 taciñas por cada 1 de arroz que botamos.
- Picamos en trociños pequenos o bonito, os ovos cocidos e os champiñóns. Poñémolos en montonciños.
- Cando xa está cocido o arroz, escurrímolo.
- Agora collemos unha taza grande e empezamos a facer capas, por exemplo unha de arroz, unha de champiñóns, unha de arroz, unha de bonito, unha de arroz...ata que teñamos chea a taza.
- Dámoslle a volta á taza nun prato, e queda en forma de flan.
- Decoramos a montaña con salsa de tomate.
- E listo para comer...

Pensamos que foi todo un éxito e estaba moi rico. Invitamos a todos os nosos compañeiros/as e profesoras.
Xa vos ensinaremos as fotos de como quedaron estes pratos.
Un saudo de Bibiana e Pepe.
03/11/2004 20:20 Enlace permanente. Hay 8 comentarios.

08/11/2004

PIRES, PATRI E MARCOS NO TRÓPICO

A nosa receita é case a mesma que fixo o grupo anterior, pero nos tamén lle botamos aceitunas. Co ovo decidimos facer un revolto porque asi nos queda o plato con máis cor. O certo é que o principio iamos facer a receita de montañas de arroz, pero logo decidimos chamarlle montañas tropicales porque tiñamos moitas cores.
Nós tamén invitamos a todo o comedor e lle explicamos como as fixeramos, un aplauso e un sorriso no que podiamos ver que o plato fora todo un éxito.
Moitos saúdos dende a cociña de ACEESCA.
08/11/2004 20:38 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

09/11/2004

ENSALADA O PORRIÑO de MARCOS E PABLO

¿Que vos imaxedes que leva a ensalada de O Porriño?. Polo seu nome ten que estar deliciosa. Pasta cocida, guisantes, millo, pemento, champiñóns, bonito, aceitunas, anchoas, ovos e zanahorias. Picamos tódolos ingredientes e logo os misturamos todos xuntos. Podemos ver moitas cores e lle damos o ultimo "toque artístico". Partimos o pemento en tiriñas largas, reservamos rodaxas de ovo e anchoas enteiras para decorar o plato. Marcos fixo a forma dun polbo e Pablo dunha estrela. Parecían un cadros pintados no prato. Hoxe tamén invitamos os nosos compañeiros. A receita é moi sinxela, moi rica e ós nosos invitados lle vai a encantar como está decorado.
Bo proveito!. Un saúdo dende Aceesca.
09/11/2004 20:41 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

11/11/2004

OVOS DE SAN MARTIÑO feito por RAUL e RUBEN.

Está claro que a mesma receita podémola chamar de moitas maneiras, e hoxe decidimos rendirlle honor o noso ben querido San Martiño dedicándolle unha das nosas creacións. No lugar de cortar o ovo en trociños moi pequenos, tan so o partimos a mitade para darlle maior protagonismo. A nosa fisolofía e que os pratos teñen que mimar todolos sentidos, e por isto, o sabor é moi importante pero tamén a presentación, a mistura de olores, os sons que se escoitan cando ferve a auga...a cociña é un mundo de sensacións.
Os ingredientes de Ovos de San Martiño son os mesmos que utilizamos na ensalada de 0 Porriño.
Cando rematamos un prato, recollemos ben toda a cociña, fregamos, secamos e colocamos a louza no seu sitio. Despois lle ensinamos os nosos compañeiros do centro o que fixemos, contándolle como foi a elaboración, os ingredientes,...deste xeito todos estamos implicados no noso OBRADOIRO DE COCIÑA.
11/11/2004 20:25 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

15/11/2004

SECCIÓN DE COCIÑA NO XORNAL

Hoxe estivemos traballando en axuste o tema dos medios de comunicación, concretamente estivemos analizando un xornal, o texto, as imaxes, os titulares...e as distintas seccións: deportes, cultura, sucesos...e o certo é que botamos en falta unha sección adicada a cociña. A Pires se lle ocurriu a idea de facer un xornal sobre Aceesca no que incluamos unha parte que fale das cousas que facemos na cociña. Parece unha idea interesante. ¿Que vos parece?.Contamos cas vosas suxerencias.
15/11/2004 20:51 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

16/11/2004

SEBAS, JUAN CARLOS E BEA preparan FORMIJAS DE ALLO.

Hoxe estivemos traballando os tres na cociña. A receita é moi fácil, tómade nota. Collimos tres clases de pasta: ricitos, tubos e cestos. Isto o fixemos para que quedara máis bonito, pero se pode facer so dunha clase. Cocemos a pasta con azafrán para que quede amarilla. Mentras picamos en trociños pequenos: champiñóns e allos. Logo os pasamos pola tixola con guisantes que xa os tiñamos cocidos. Cando estivo preparada a pasta a misturamos cas formigas de allo ( todo moi picadiño, este é o segredo). A cociña cheiraba de maravilla, xa tiñamos ganas de comer, pero preferimos esperar á hora de comer para invitar ós nosos compañeiros. Queremos facer esta receita na casa, para invitar os nosos pais e familiares."
16/11/2004 20:16 Enlace permanente. Hay 8 comentarios.


Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]